MAIO 2016dePÉaPA 1 9dePÉaPA19
MAIO 2016
Manuel María
Letras Galegas 2016
IES PONTEPEDRIÑA
Avda. Amor Ruibal, 28
15702 Santiago de Compostela
páxina 2 dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
ÍNDICE Páxina 3
Páxina 5
Letras Galegas Páxina 9
Teatro Páxina 10
Ciencia Páxina 11
Exposicións Páxina 12
Festivais Páxina 14
Viaxes Páxina 16
Opinión Páxina 17
Recoñecementos Páxina 21
Outros
Orlas
COLABORARON NESTE NÚMERO
Josefina Taboada Clara Gómez Brais Barral
Nicolás Lucas Álvaro Toribio María Pardo
Estela Pintos Marcelo Rey Carla Gómez
Josefina Requeijo Artur Vázquez Hugo Prego
Mariló Lajarón Miguel Quintáns Lois López
Mª Jesús Vázquez Cristina Aldrey Agradecementos:
Cristina Quintáns Julia Feijoo Andrés Cainzos
Martín Souto Laura Sabel
Paula Bermúdez Carla Penas ENDL
Raquel Fernández Alicia Novoa Selección-edición
Luís Cachafeiro Alba Carbajo Victor Blanco
Socorro Liste Catalina Peleteiro
Christian Cotos Sofía Rendo
Mar Álvarez Lara Ruibal
Patricia Lagoa Iraima Fernández
Andrea Barros Tania Penas
Tel: 981 531 013 www.edu.xunta.es/centros/iespontepedrina
Fax 981 593 605 www.blogoteca.com/pedrinhas
[email protected] www.iespontepedrinhas/blogspot.com
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Letras Galegas páxina 3
MANUEL MARÍA política no BNG, que abandonará en
1982 para se centrar na literatura. En
Leo Cendán e César Queijeiro. 4ºA 1995 trasládase á Coruña, onde
continuará coa súa presenza en actos a
Vida e obra: Manuel María Fernández prol do pobo galego e da lingua. Morre
Teixeiro naceu en Outeiro de Rei en alí en 2004 con setenta e catro anos, logo
1929. Alí cursará os estudos primarios de ser nomeado membro da RAG;
antes de marchar a Lugo onde coñece, ingresará nela co discurso “A Terra Chá:
entre outros,a Ánxel Fole e a Uxío poesía e paisaxe.”Terra cha tamén é o
Novoneyra, co que terá unha gran título do seu poemario máis coñecido.
amizade.
En 1950 publica Mariñeiro de brétemas,
poemario que inaugura a chamada
“Escola da Tebra”. En Santiago
matricularase en Dereito por vontade do
seu tío, aínda que o seu desexo era
estudar Filosofía, nesa época escribíu
“Morrendo a cada intre” e “Advento”.
Logo de facer o servizo militar en
Compostela, onde asiste a charlas cos
autores máis destacados da literatura
galega, regresa a Outeiro de Rei, onde
segue a escribir poemas polos que será
recoñecido con varios premios. Coñece e
casa con Saleta Goi, coa que se
trasladará en 1958 a Monforte de Lemos,
alí comeza a militar en partidos
galeguistas clandestinos. En 1968 publica
“Os soños na gaiola”, libro de poesía
infantil. É un autor moi variado , aínda
que cultivou principalmente a poesía, a
cal pasou do existencialismo ao
paisaxismo e finalmente á poesía social,
da que foi un dos máis importantes
representantes, cun gran compromiso coa
lingua galega, a partir da denuncia e a
reivindicación.
Coa democracia, comeza a súa carreira
páxina 4 Letras Galegas dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
Comentario da exposición Manuel María
Sofía Sánchez e Carla Gómez 4ºA
Este ano o protagonista do Día das Letras Galegas é Manuel María, e aproveitando a
ocasión, a nosa profe de galego propúxonos un traballo relacionado cos seus poemas. Ai
cantos problemiñas houbo! "Non profe, iso é moi laborioso" dicían uns "Pero profe, é
que non hai tempo" baduaban outros.
Ao final, posto que ela non se botaba para atrás, tivemos que intentar sacar o mellor de
nós e vaia... Contentos quedamos cos resultados!
Algúns inspiráronse nas sensacións que o poema lles transmitía, outra parte do
alumnado botou man das súas habilidades e afeccións para comezar a tarefa:
Leo aproveitou os seus coñecementos de francés para facer un móbil bilingüe co
poema”Lume novo". Fala francés perfectamente, mais o que ninguén sabe é que a súa
nai é belga. Vaia pillabán, tíñanos enganados!
César quixo sorprendernos cun solo de guitarra. Adaptou "O pobo é invencible" ao
ritmo da música e recitouno.
Ada non ten interese pola música, mais a ela o que si lle gusta é debuxar. A inspiración
chegoulle nada máis ler "Noite". Visualizou a imaxe e púxose mans á obra, obtendo un
marabilloso cadro cheo de sensacións transmitidas polos versos de Manuel María.
A idea de Lucas era facer unha pequena obra de arte, pero como o de debuxar non era o
seu, decidiu facer unha colaxe. Para iso recortou algúns cadros dos seus pintores
favoritos: Dalí, Van Gogh, Picasso... e ilustrou "A paisaxe".
Carmen e Carolina pasaron a súa infancia de circo en circo. Foi por iso que cando
viron o poema "O circo" non dubidaron que o tiñan que facer.
Xoán e Berta pasan parte do seu tempo libre dedicándose á papiroflexia. Foi así como se
lles ocorreu plasmar "O cuco" nuns paxariños de papel.
Din de Helena e Ana que están feitas unhas grandes reposteiras. A nós encantaríanos
poder comprobalo, pero a torta que representaba os versos de "O arco da vella" non saíu
de 4B.
Ao carro que fixeron Gabriel e Darío que se desliza
sobre o prado-poema pouco lle falta para cantar coma
o de Manuel María.
Por último, nós (Sofía e Carla) levamos tempo
aprendendo a coser. As nosas avoas fixeron de
nos unhas "grandes" costureiras. Este
traballo era a mellor
oportunidade para poñer
as habilidades aprendidas
en práctica. E, como a
nena protagonista de "A
boneca" comezamos a esto es
coser.
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Teatro páxina 5
ENTREVISTA FRAN REY
Álvaro, Marcelo, Artur, Miguel (2º ESO S)
Entrevista a Fran Rei, monitor do grupo de teatro do centro que representou “A Farsa do
bululú” de M. María o día 26 maio. Ver video en vimeo.com/user49523523/
Miguel: Alguén te impulsou a facer teatro?
Fran: Si, pero é unha resposta un pouco cutre, non foron nin as ansias de coñecemento
nin o amor pola cultura, nin a paixón polo teatro; na universidade unha rapaza que me
gustaba especialmente apuntouse a teatro e eu fun detrás dela, pero na segunda clase xa
estaba completamente enganchado, sabía que aquilo era o meu. E agora á parte diso é a
nai dos meus fillos.
Marcelo: Algunha vez facendo unha obra desgustouche o teu papel?
Fran: Non, porque eu son o produtor dos meus espectáculos entón nunca faría nada que
non me apetecese. Á parte eu teño moita sorte porque o que a min me gusta, que é o
humor, é moi popular, entón síntome afortunado de poder dedicarme ao que me gusta e
que ao público lle guste. Se o meu fora a danza contemporánea ou a pintura abstracta,
teríao moito máis complicado para vivir disto, pero afortunadamente gústame o humor
popular e ao público parece que tamén lle gusta bastante.
Álvaro: Que son para ti estas clases de teatro?
Fran: Primeiro parte do meu salario que é importante, e a docencia que é tamén unha
aprendizaxe continua; eu opino que son un pouco parásito porque finalmente en vós
vexo moitas cousas que por min mesmo non vería e moitas das vosas interpretacións,
moitas das vosas ideas e improvisacións non fago máis que parasitalas, collelas e
aplicalas cando estou na escena. Para min é unha festa axudar á xente a descubrir o
teatro porque a min aportoume moito tanto a nivel social como a nivel profesional e
mesmo político, e ver que vós tamén estades vivindo isto anímame moitísimo.
Artur: Se puideras coñecer a unha figura importante do teatro quen sería?
Fran: Pois molaría coñecer a Shakespeare ou Cervantes pero, máis de agora, o meu gran
ídolo é Leo Bassi, un clown italiano a medio camiño entre o pallaso e o bufón; tiven a
sorte de coñecelo e facer cursos con el e podo presumir de ter unha relación persoal
bastante fluída; coñecer a Leo Bassi foi para min moi importante.
páxina 6 Teatro dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
Miguel: Por que decidiches dar ti estas clases?
Fran: Polo que vos dicía antes, creo que a vosa idade é moi interesante, eu tiven unha
adolescencia moi triste, nin facía actividades chulas, nin era moi coñecido no instituto;
xogaba ao baloncesto e ía á clase, sacaba un cinco e así se me foi a adolescencia. Entón
sempre vos animo e digovolo nas clases, a adolescencia é unha etapa super importante
que vai marcar gran parte do voso futuro por iso a tedes que aproveitar a tope. Entón sei
que o teatro vos pode axudar moitísimo, tanto a nivel académico, porque se traballan
cousas como a memoria, a capacidade de falar en público, como a nivel persoal nalgo
tan importante a esta idade como é ligar.
Marcelo: Que lle dirías aos de Pontepedriña para que se uniran a teatro?
Fran: Que é unha actividade moi divertida, e como todo na aprendizaxe ten que ser
divertido creo que o teatro ten ese punto. Penso que todos e todas necesitamos ter un
espazo, ser de algo, e os grupos de teatro son o unha especie de micro-sociedade moi
chula, porque a diferenza con outras actividades como o deporte, non é nada
competitivo, nin individual; é unha actividade colectiva de traballo en grupo e
cooperación que é interesante. Fun adestrador de baloncesto, pero como o que che
aporta o teatro non hai nada.
Álvaro: Como podes aguantar a trece nenos unha hora nunha clase facendo
parvadas?
Fran: É bastante fácil porque so é unha hora á semana, o que non entendo é como os
vosos profes vos aguantan seis horas diarias, sinceramente. Un dos segredos, e vós
sabédelo ben, é tratarvos como adultos, que vos traten coma nenos é algo que me
repatéa, aínda que insistades en comportarvos coma nenos, eu tendo a tratarvos coma
adultos e os adultos facemos moitas parvadas, moitas.
Artur: Nas obras que estás traballando estalas facendo por vocación ou por cartos?
Fran: Por vocación, si, porque teño moita sorte. Este domingo estreo unha obra que se
chama “O conto de Barriga Verde”, un conto baseado nunha obra de Manuel María,
unha farsa para monicreques; nela mesturo o contos, monicreques e maxia; é o que me
gusta. Se ademais teño a sorte de traballar cunha directora que é coma unha irmá para
min, e coa rapaza que me fai os monicreques que é unha amiga de toda a vida, e a
persoa que me asesora en maxia é un gran colega, entón chamarlle a iso traballo...é
traballo porque ten un CIF e facturo profesionalmente, pero no fondo é case un hobby.
Miguel: Crees que á xente de Pontepedriña lle gustará a obra que estamos
preparando?
Fran: Non estou seguro, non sei moi ben o que lle gusta á xente, esa é unha das partes
que ten o teatro, non sempre dúas e dúas son catro, e non sabes que pode gustar ou que
non. Mais como mínimo creo que á parte de vervos a vós e os vosos esforzos e o ben
que o facedes, creo que a xente vai valorar que escolleramos unha obra que dalgún xeito
reflicte o que está a vivir a sociedade actual, ese nivel de corrupción política ou dun
pobo entregado, dun sistema case feudal e moi piramidal e mesmo a referencia a seres
mitolóxicos, sobrenaturais, creo que a xente vai ver parecido coa realidade e que vai
gozar. Vaia, que se non o facemos moi mal creo que a xente se vai enganchar!!!
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Teatro páxina 7
Té con Kant tentaron de explicar por medio da
ciencia o seu viaxe espazo-
Christian Cotos González. 1ºD temporal. De seguido,
propuxéronnos que decidisemos se
Té con Kant é unha obra onde elas deberían volver á súa cidade
aparecen dúas personaxes do ou quedar en Santiago, por que
século XVIII, Teodora e Johanna, elas só estaban de acordo nunha
que fan un viaxe no tempo dende soa cousa: tomar unha decisión
Königsberg, Prusia. Primeiro utilizando o imperativo categórico
mostráronnos un plano de kantiano e de xeito democrático. A
Königsberg dividida por un río nosa decisión foi unánime: que
atravesado por sete pontes. Había quedasen!!! Na miña opinión foi
un concurso no cal se debían unha actividade moi divertida e
cruzar as sete pontes desde un educativa. Este tipo de explicacións
punto calquera volvendo outra vez podíanse usar nalgunhas clases
a ese mesmo punto, pasando por que se farían mais entretidas.
todas as pontes tan só unha vez.
Fíxose unha proba cunha persoa do
público, que tentou de levar unha
figuriña de Kant dende un punto
cruzando todas as pontes e volver
ao mesmo lugar de saída, pero foi
imposible, xa que para facelo faría
falta un número par de pontes. Elas
tamén o tentaran pero cando
estaban a cruzar a ponte, Teodora
tropezou co vestido, tirou a
Johanna e ámbalas dúas caeron ao
río, aparecendo no Sar. Un home
que falaba alemán viunas e
levounas à súa casa. O que lles
pareceu máis incrible eran as novas
tecnoloxías que tiñamos como as
“carruaxes con motor”, os “aparellos
comunicadores”, os “computers”, as
“máquinas voadoras”... Logo
páxina 8 Teatro dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
TEATRO CLÁSICO E BURGAS EN OURENSE
Mar Álvarez, 1º Bach D
O pasado 13 de abril, rapaces e durmir! Entre gargallada e gargallada
rapazas de 1º, 2º de Bach e 4º da ESO había veces que parabamos para
subimos a un bus destino Ourense. respirar, pero só algunhas veces.
Mentres os nosos compañeiros Despois da sesta, a relaxación das
durmían por motivo da folga termas e os risos volvemos a
convocada para ese mesmo día, os Pontepedriña onde, a diferenza de
alumnos de latín e grego pasamos un Ourense, non paraba de chover.
día “clásico”. Ao chegarmos, despois
de ver algún que outro museo e dar
unha volta polas rúas ourensás, fomos
ao teatro a ver “a traxedia do día”, As
Euménides de Esquilo. O traballo dos
actores foi realmente bo, mais o
argumento da obra, a pesar do
innegable mérito de Esquilo, resultou
algo aburrido para todos aqueles que
botaron a soneca do ano entre a
escuridade e o silencio. Ao rematar
tocou a hora do xantar e marchamos
pitando ás Burgas. Alí, houbo algún
que outro valente que aproveitou para
desfrutar dun baño primaveral; outros
simplemente agardamos pola raiola de
sol que ía e viña cada cinco minutos.
Nin que estivésemos no trópico! Este
microclima ourensá...
Despois do xantar, volvemos ao teatro
para ver “a comedia da tarde”, Os
Menechmos de Plauto. Esta quizais
non fose tan fiel ás palabras do autor
pois era unha versión algo libre, pero
iso si, ninguén naquela sala quedou a
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Ciencia páxina 9
ESTACIÓN de HIDROBIOLOXÍA "Encoro
de Con" (dep. Bioloxía)
Nesta nova visita á EHEC, pertencente á universidade de Santiago, practicamos o traballo de
campo e laboratorio necesario para establecer a calidade de augas por medio de índices
bióticos con macroinvertebrados. Os investigadores da Estación guiáronnos tamén na pesca
eléctrica, mentres que a responsable do laboratorio de análise explicounos entre outras
técnicas a medida de biomarcadores mediante colorimetría, de paso que esa mesma semana
presentaba a súa tese ao respecto.
Máis información e imaxes na páxina web do instituto .
CONCURSO ANUAL
INTERCENTROS DE
ENXEÑARÍA FORESTAL
Un grupo de 2º BAC formado por Catalina Peleteiro,
Sofía Rendo, Lara Ruibal e Iraima Fernández,
presentaron unha proposta neste concurso, e o 15 de Abril
acudimos a escola de enxeñaría da universidade de Vigo,
situada no campus A Xunqueira en Pontevedra, onde
estaban expostas tódalas propostas participantes no
concurso.
Competición robótica EEI
Brais Barral, 1º Bacharelato B
Alumnos de Robótica de 1º de BAC participamos na 2º
competición inter-centros celebrada na Escola de
Enxeñería Industrial de Vigo o 29 de abril.
Os equipos tiñan que realizar 2 probas: un circuíto de
“segue- liñas” cronometrado e unha loita de sumo con
óutro robot.
O noso equipo de 6 alumnos chamabase “MALO SERÁ!” e
participou cun robot personalizado programado na clase.
Primeiro se programou para o circuíto, pero na 1ª ronda foise
fóra. Na proba de sumo, o noso ordenador fallou e non
puidemos cargar o programa e continuamos co do “segue-líñas”
e para asombro de todos o robot gañou a 1º pelexa botando fóra
ó robot rival.
Na 2ª ronda quedamos segundos na proba de sumo por un
problema co ordenador. En total, obtivemos 9 puntos e quedamos
sextos de 12 equipos.
Foi unha magnífica experiencia , moi entretida na que aprendemos
moito (sobre todo dos erros!) e que nos motivou para interesarnos
aínda máis polo mundo dos robots.
Iso si, o ano que vén volvemos e darémolo todo! O concurso espera por
nós!
páxina 10 Exposicións dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
Defensa do Galego esto eCs eurnvaapnrtueesba
Muller Traballadora
Expresionismo Expresionismo
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Festiváis páxina 11
Festival de Nadal Festival de Entroido
-Orixinal escena de mimo antiviolencia por
-Paula Pais tocou ao piano alumnos de 1º de ESO dirixidos pola
“Arabeske nº 18 de Schuman”. profesora Raquel Fernández.
-O grupo formado por Adriana, -Actuación do grupo “residente” co apoio de
André, Nuria e Olalla cantaron: Antonio.
“Radioactive” e “I will wait”.
-Desfile de Entroido dirixido polo noso
-Os profesores Víctor Blanco e Gayoso particular.
Antonio Rivas interpretaron: “Ai
ven o maio” e “Lela” en acústico. Podedes ver o vídeo en:
vimeo.com/163405351/
-Brando Sandoval interpretou un só
de big box.
-Lucía Rey e Vanesa Castro
interpretaron “The honging tree” de
Jennifer Lawrence e “The
medallions calls” da película “Os
piratas do Caribe”.
-Os alumnos de 1º de ESO dirixidos
pola profesora Raquel bailaron
“Santa tell me” de Ariana Grande.
-Entrega dos premios do concurso
de postais de Nadal.
Na 1ª categoría gañou:
Anxela Noya Rafols de 1º de ESO.
Na 2ª categoría a vencedora foi:
Carolina Gómez Martínez de 4º de
ESO
páxina 12 Viaxes dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
Viaxe a Londres
4º A / B
O día 24 de febreiro e durante 5 días o alumnado de 4º ESO vivimos en Londres
algo inesquecible. Pese ao frío, a humidade e a mala comida , pasámolo moi ben
todos xuntos, como unha familia. Visitamos moitos barrios e mercados e, por
suposto, lugares tan relevantes como Covent Garden, Oxford Street, Green Park,
Big Ben, British Museum...Unha cidade máis interesante do que agardabamos. As
noites, cando chegabamos ao hotel, estabamos moi cansos, aínda así, quedabamos
espertos ata as tantas compartindo as novas experiencias que estabamos a vivir: gran
diversidade cultural, diferentes estilos de vida (os días laborables comezan e rematan
cedo e a comida de mediodía non parece demasiado importante), poucos británicos
en Londres...
O mellor foi o último día cando todo o grupo tivo a oportunidade de subir ao London
Eye (“just breathtaking”!!!) e observar a cidade por última vez xuntos.
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Viaxes páxina 13
Viaxe Alemaña
Andrea Barros | Clara Gómez
Saímos do aeroporto de Santiago o 4 de abril cara a Frankfurt Hahn e chegamos a
noitiña logo de 2 horas de viaxe.
O día seguinte tivemos unha recepción no instituto co director, antes de xantar
salchichas brancas, bretzel (que é como un pan típico de alí) e demais pratos que
trouxeron os nosos compañeiros das súas casas. Despois, fomos ao concello de
Weinheim, onde fomos recibidos por unha representante dos Verdes.
Logo voltamos ao instituto e cos estudantes alemáns fomos a Heidelberg. Visitamos a
cidade e subimos en funicular ao castelo onde fixemos un xogo para saber máis dese
lugar. Xa de volta na cidade fixemos unha viaxe polo río en barco.
O segundo día tivemos unha visita guiada polo instituto, chamounos a atención que
tiñan en economía unha empresa virtual e tamén unha aula de relaxación con sofás.
Despois fomos cos alemáns a Frankfurt e visitamos a casa de Goethe, a praza Romer,
unha igrexa, Paulskirche (sede do primeiro parlamento alemán), e subimos a Maintower
para observar a cidade.
O terceiro día fomos á BASF, a fábrica petroquímica máis grande do mundo. Semella
unha cidade; por alí ata circulan trens e traballan aproximadamente 40.000 persoas.
Antes de ir en bus pola fábrica, unha guía explicounos a historia e o que producía.
Tamén fíxemos algúns experimentos con algúns materiais.
Pola tarde fomos ao Palatinado onde, despois dunha andaina polo bosque e uns viñedos
espectaculares, visitamos o Castelo de Hambach.
O cuarto día fomos as clases, onde por certo,o alumnado participa moitísimo.
Visitamos a zona vella de Weinheim, subimos ao castelo e fomos a Praza do Mercado,
antes de xantar cos nosos alemáns.
A noite tivemos unha festa de despedida. Foi moi divertida, bailamos e rímonos moito.
O último día, logo de despedírmornos das familias e dos nosos amigos , fomos cara a
Rüdesheim, cruzamos o Rin e visitamos unha zona turística no val do Rin onde
probamos algúns doces típicos. De camiño , vimos nunha rocha unha escultura dunha
muller, chamada Loreley, da cal nos contaron unha lenda. Logo fixemos un percorrido
por Loreleybob antes de marchar cara ao aeroporto e despedir aos profesores. Bis bald
Deutschland !
páxina 14 Opinión dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
Felicia O novo bachalerato
Felicia Wabara Patricia Lagoa.
Ola! Chámome Felicia Wabara. Este é o meu segundo ano Este ano implantouse un novo plan
de estudos que modificou os
como auxiliar de conversa aquí. Son filla de inmigrantes itinerarios, de modo que as materias
optativas distribúense segundo a súa
nixerianos e a maior de 5 irmáns. Nacín e crieime en utilidade, asociadas a cada tipo de
itinerario. Así, os de ciencias,
Texas, un dos estados máis famosos dos Estados Unidos, poderían optar por coller
reforzo/afondamento de
non sen razón. Onde máis pode haber as catro estacións a matemáticas, mentres que os de
humanidades, terían a opción de
un tempo nunhas poucas horas? expresión e comprensión oral. Son as
optativas as que marcan a diferenza,
Debido a que Texas e marabillosa, decidín quedarme na pois pode acontecer que alguén de 1º
de letras só se diferencie dun do
universidade de Arlington onde me graduei en Psicoloxía mesmo ano de ciencias sociais, por
cursar latín e non matemáticas como
e Español (aínda que non o parece ao escoitarme falar). principal (xa que agora non é
obrigatorio estudar historia no
No futuro gustaríame ser directora dun colexio. primeiro ano da modalidade de
ciencias sociais). Por outra parte, en
Desfrutei moito da miña estancia en Santiago. Aínda que 2º BAC, hª da filosofía desaparece na
modalidade de ciencias e pasa a ser
é moi diferente a Arlington, ámbalas dúas cidades teñen optativa para os outros dous
itinerarios, igual que xeografía no
en común que son unha mestura de ambiente rural e itinerario de letras e ciencias sociais.
Ademais hai novas optativas, como
urbano. psicoloxía e literatura e cine e, en
ambos cursos , o centro ofrece
Teño aprendido moito aquí. Un exemplo: un Santiagués materias de libre configuración para
sumar as 6 horas de optativas
cando atopa un amigo ou un coñecido pola rúa, deixa requiridas en primeiro e as 8 de
segundo.
todo o que está a facer para poñerse ó día.
Porén a historia aquí vai moito máis aló no tempo que
calquera sitio nos Estados Unidos. Vivir en Santiago é
como estar cóbado con cóbado convivindo co pasado , ser
quen de facerlle preguntas e escoitar as respostas por toda
a cidade ao son das campás da catedral. É unha
experiencia inesquecible, semellante a miña participación
nas clases aquí. Dende o alumnado sorprendente e
divertido ao profesorado e todo o persoal tan colaborador
e paciente.
Pontepedriña é, agora, un dos máis importantes lugares
nunha das máis importantes etapas da miña vida. Por eso
digo dende o fondo do meu corazón, grazas a todos e
todas. Agardo tervos deixado unha mensaxe sinxela:
aprender inglés, aínda que non é doado, é divertido.
Agardo, no futuro, escoitar grandes cousas de todas e
todos os que fostes alumnos meus. Remember once a
student always a student.
Agora que os meus días aquí están rematando, xa estou
desexando saber o que me agarda no futuro. De
tódolos xeitos, a calquera lado que vaia e
calquera cousa que faga, alo- menos sei
que aprendín a valorar a choiva.
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Opinión páxina 15
Querida Elisa
Tania Penas
Escríboche porque necesito contar o que me facía seguir viva. Medo a oír os seus
pasa. Sei que non me vas poder axudar, pois zapatos achegándose cara min, medo a
só es produto da miña imaxinación. Pero falar, a cociñar mal, medo a que un mínimo
debíame a min mesma una explicación. detalle fóra do seu desagrado, levantara a
Necesito coñecer o que me está a pasar, e súa ira de novo contra min. Preguntaraste
para iso nada mellor que deixar que as querida Elisa porque sendo a muller valente
palabras se escriban soas neste papel. Eu e intelixente que era, me deixei arrastrar por
confeso. Meu home pégame. Zosca en min esta corrente de amargura e desespero.
como a peste sobre a colleita, deixándome Puiden denunciar, pero sería inútil que una
como esta, pobre e miserable. Poderás muller coma min incapaz de facer nada da
pensar que el ten a culpa disto, pero quero súa vida quedase soa na rúa. Sin el non son
dicirche que a culpa é miña. Eu permitinlle nada. Iso foi o que a base de paus me fixo
chegar ata tal extremo, fun eu a que tras chapar como una lección da escola que
tantos anos convivindo con ese monstro, o nunca se esquece. Agora querida Elisa so
cal non atopo outra palabra para definilo, estou agardando que aquelo ao que lle teño
foime chuchando o sangue da vida como tanto medo me consiga a miña salvación.
una sambesuga. Deixándome débil Sei que non ha tardar, pois o meu corpo
psicolóxica e fisicamente. Si, xa asumín que empeza a fallar e a derradeira malleira
son unha muller que non vale para nada levarame ao descanso eterno, aquel que só
máis que para traballar na casa as 24 horas me pode sacar deste labirinto sen saída, a
do día, cociñando o caldo ou o que cadre, morte. Por favor, prométeme que apoiarás a
limpando cada parte da casa un día tra-lo aquelas mulleres que están sometidas aos
outro; pois o po como a miña desgraza, seus homes, aquelas que sofren
retorna sempre ao mesmo lugar do que constantemente desprezos e maltrato.
tentei sacalo. Quero saber como empezou Aquelas que como min créense débiles e o
todo, recordar aqueles días nos que era feliz teñen asumido. Quero dicirche que esas
ao seu carón probablemente me causará una mulleres son fortes e poden saír desa morte
enorme dor, pero necesito saber como segura pero necesitan axuda. Non deixes
cheguei a deixar que a miña vida fose una que se rendan. Eu son unha covarde. Non
lámpada na que el controla o interruptor. deixes que queiran descansar para sempre,
Eramos acabado de casar, aqueles días eran consigue que refagan a súa vida. Quería que
a calma que predicía a tormenta. As coñeceses o motivo da miña morte, só iso.
discusións foron a máis primeiro por Probablemente ninguén o coñecerá pois
parvadas e despois aumentaron de ton,
comenzou a insultarme, a dicirme que non sempre vivín esta condena en
valía para nada, que era unha muller e polo soidade. Querida Elisa, non llo
tanto non tiña dereito a replicarlle. Eu ao contes a ninguén. Isto é
principio repoñíame, non sei onde quedou a un segredo. Unha
miña ousadía, pero logo el quíxome domar. muller
Para iso dábame labazadas si levantaba o maltratada.
ton de voz ou lle respondía. Cada día foron
a máis as malleiras e o único sentimento
que comencei a padecer era o medo. Ese
sentimento converteuse en algo que
convivía comigo, o único sentimento que
eu mostraba e que dalgunha maneira me
páxina 16 Recoñecementos dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
Entrevista a Tania Penas Obradoiro de comunicación:
(Gañadora da olimpiada de bioloxía) Paula Bermúdez
Daniel Mendez
1º Cando te presentaches as olimpíadas O alumnado de 2º ESO, que acode a
rexionais, pensaches que ías chegar ás “Obradorio de Comunicación”
internacionais? (Shitong, Yeuri, Kevin, Álvaro, Raquel,
Non, apunteime só por participar e non Brando, Ángel e Jonathan), elaborou
pensaba nin que gañaría as rexionais. un mural cas principais ideas expostas
2º Cal é o tema de bioloxía que máis che no curso da Xunta “Aprender a pensar
gusta? ó través do diálogo.”
Gústame sobre todo a anatomía, o corpo O curso basóuse nas ideas de M.
humano, as enfermidades... Lipman, que parte da educación para
3º Cal foi o exame que máis che custou das formar persoas solidarias e con
olimpíadas nacionais? pensamento crítico como única vía
Custoume sobre todo o teórico, pola súa para ter unha sociedade democrática.
dificultade, pero nos prácticos pasábao moi A experiencia foi moi gratificante e
ben e eran moi divertidos. enriqueceu ás persoas que participaron.
4º cando che dixeron que ías ir as olimpíadas As ideas parten de preguntas como:
internacionais, que cres que pensaron os teus “limita a creatividade o sistema
pais? educativo?”, “que diferenzas hai entre
Ao principio, cando llo contei, pensaron que na dinámica da aula entre primaria e
se trataba dunha broma, pero ao comprender secundaria?”, “o cambio que se
que non o era, como cabía esperar, necesita é responsabilidade do
reaccionaron con moito orgullo. alumnado, do profesorado, de ambos?”
Quedamos cunha frase do curso: “Hai
Entrevista a Victoria Gutiérrez que ser humilde filosoficamente e forte
pedagoxicamente”(Carmen Loureiro)
(gañadora da Olimpíada de Filosofía
galega)
P: Que sentiches ao gañar a Olimpíada?
R: Foi unha sensación moi agradable, porque
obter un premio coma este cun traballo que leva
tanto esforzo é moi gratificante.
P: Por que che gusta a Filosofía?
R: Pois ao chegar a 2º de Bacharelato non tiña
moita idea, pero a profesora levantoume a
curiosidade por ela.
P: Como a descubriches?
R: Polo meu pai, de conversas, e mais tarde no
colexio.
P: Gustaríache adicarte a algo relacionado coa
Filosofía? Por que?
R: Sí, nunha primeira idea querería cursar a
carreira de dereito, pero mais tarde gustaríame
facer algo relacionado coa filosofía.
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Outros páxina 17
Cándido Pazó Charo Pita e Sophie Heydel
O pasado luns 25 de abril Conta-contos en inglés e galego sobre
tivemos a sorte de poder contos tradicionais do mundo: lendas do
pasar unha hora cun dos Rei Arturo, historias celtas, sufís, dos
mellores monologuistas e indios americanos, orientais.
contacontos galegos,
Cándido Pazó. Ademais de
rir, pois con este home as
risas son aseguradas,
escoitamos tres historias.
Unha delas, máis que
coñecida na literatura galega:
“O retrato” de Castelao, un
dos contos que forman parte
da súa obra Retrincos. Todos
sabiamos dela, xa que a
lemos o trimestre pasado. A
segunda,“O Xan Pericán”, era
de tradición oral. Na miña
opinión esta foi a mellor,
porque contouna dunha
forma moi divertida.
Finalmente, escolleu unha
historia inventada por el, de
temática realista. Nela falaba
dunha nena que esperaba
ansiosa o regreso do exilio de
seu pai. Sen dúbida, coñecer
a Cándido foi un pracer.
Agardamos con moitas ganas
a súa próxima visita.
Alba Carbajo
ppááxxiinnaa 1188 Outros deePÉÉaaPAA1 9 MMAAIIOO 22001166
Charla Sexualidade con Conferencia AESLEME
Luís García
Christian Cotos González. 1º Bac D
Nieves Fernández, 1º BACH
O martes 16 de febreiro os alumnos de 1º AESLEME (Asociación para o
BAC asistimos a unha charla de Luís García Estudo da Lesión Medular Espinal)
Soto, doutor en Filosofía e en Dereito e ten como fin a prevención de
actualmente profesor de Filosofía moral na accidentes de tráfico que provocan
Facultade de Filosofía de Santiago. Foi lesións medulares e cerebrais. A
redactor do Código Ético da USC (2007) e conferencia déunola un home que
escribíu obras como “Outramente Barthes” sufrira por un accidente de tráfico
(1988), “Paz, guerra e violencia” (2003), unha lesión medular. Explicounos o
“Aristóteles” (2003), “Papeles de Filosofía” que hai que se debe e non debe facer
(2005), “O espírito da letra” (2008) etc. nun vehículo. Mostrounos vídeos
para nos mostrar as consecuencias se
A charla tratou as distintas visións da non o fas ben, como son os
sexualidade historia segundo a época: diferentes tipos de lesións que
-1º Sexualidade tradicional (relixiosa) que poderías sufrir ao ter un accidente de
só acepta o sexo para procrear dentro dun tráfico. A parte máis positiva é que
matrimonio heterosexual, cunha gran nos mostrou os diferentes deportes
desigualdade home-muller e pouca que realizaba como o baloncesto,
promiscuidade. ciclismo...Na miña opinión foi unha
conferencia moi boa para nos
-2º A Libertina (XVIII-XXI), que busca o concienciar neste tema.
pracer e acepta o sexo
(heterosexual/homosexual/bisexual) sen
amor.
-3º A romántica (XIX-XXI) da gran
importancia ao amor, entende o sexo como
algo íntimo da parella e admite o divorcio.
-4º A Liberal (XIX-XXI) concibe a relación como un acordo libre e aberto e o sexo
consentido non se limita á procreación.
-5º A Socialista (XIX-XXI), nunha época de gran desigualdade, na que a muller dependía
economicamente do home, busca a igualdade e o sexo sen explotación da muller.
-6º A Psicanalítica (XX-XXI), entende a sexualidade como algo natural no ser humano,
que ten que liberarse da represión.
-7º Feminista (XX-XXI), que defende a igualdade home-muller e o sexo sen dominación.
Ao final da charla os alumnos botamos polo tipo de sexualidade ca que estabamos máis de
acordo, incluíndo a categoría de sexo unido á amizade. Os resultados foron os seguintes:
sexo-procreación 0 votos
sexo-pracer 27 votos
sexo-amor 34 votos
sexo con consentimento 3 votos
sexo sen explotación 0 votos
sexo sen represión 0 votos
sexo sen dominación 15 votos
sexo-amizade 30 votos.
Estivemos encantados con esta charla, grazas.
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Outros páxina 19
Día internacional do libro. Cervantes VS Shakespeare
Cristina Aldrey Ríos | Julia Feijóo Cacabelos | Laura Rivas 1º de ESO T.
Para conmemorar este día reunímonos todos para escoitar unha charla sobre a vida de
Cervantes, despois algúns alumnos saíron ler uns fragmentos do “Quijote”e vimos
unha banda deseñada que narraba algúns dos seus capítulos. Para finalizar, algúns
alumnos recomendamos libros aos nosos compañeiros. Foi unha clase diferente, pero
divertida, xa que crecemos culturalmente. Á parte da charla, na clase, falamos coas
profesoras de inglés e castelán sobre Shakespeare e Cervantes. Traballamos sobre eles,
este ano en especial, xa que hai 400 anos que morreron.
Willian Shakespeare foi bautizado o 26 de abril de 1564 (descoñécese a data de
nacemento) en Stratford-upon-Avon (Inglaterra). Morreu o 23 de abril de 1616 en
Stratford-upon-Avon con tan só 52 anos. Foi o terceiro dos oito fillos que tiveron John
Shakespeare (un próspero comerciante que chegou a alcanzar unha destacada posición
no concello) e Mary Arden, (que descendía dunha familia de avoengo). Foi
dramaturgo, poeta e actor. É considerado o escritor máis importante na lingua inglesa e
un dos máis célebres na literatura universal. As súas traxedias máis coñecidas son:
“Romeo y Julieta”, “Hamlet”, “Macbeth”, “Otelo”, “Rey Lear”, etc.
Miguel de Cervantes Saavedra seica naceu en Alcalá de Henares o 29 de setembro
de 1547. Foi soldado, recadador, novelista, poeta e dramaturgo español. É considerado
a máxima figura da literatura española. “Don Quijote de la Mancha”, que moitos
críticos describiron como a primeira novela moderna, e unha das mellores obras da
literatura universal e o libro máis editado e traducido da historia despois da Biblia.
Foi fillo de Rodrigo de Cervantes e Leonor de Cortinas. Probablemente residiu en
diversas poboacións de España ao ter que acompañar ao seu pai que era cirurxián e
recadador.
En 1569 saíu de España por problemas coa xustiza, e instalouse en Roma onde
ingresou na milicia na compañía de Don Diego de Urbina, coa que participou na
batalla de Lepanto (1571). Neste combate naval contra os turcos foi ferido dun
arcabuzazo na man esquerda que lle quedou anquilosada.
Escribiu novelas como: “La Galatea” (1585), “Don Quijote de La Mancha 1ºparte”
(1605) , “2º parte” (1615) . Á parte de novelas, escribiu
teatro: “El Cerco de Numancia” (1585), “La Conquista
de Jerusalén”… E poesía : “Viaje del Parnaso” (1614).
Faleceu o 22 de abril de 1616 mais foi
enterrado o 23.
O día do libro celébrase o 23 de abril
porque suponse que ese mesmo día no
ano 1616 morreron Shakespeare, Inca
Garcilaso de la Vega e Cervantes.
¡Esperamos que vos gustase o noso
traballo¡
páxina 20 Outros dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
Charlas para ESO e ciclos Obradoiro cultura clásica
sobre comercio xusto e cata Taller escritura e moda
chocolates pola cooperativa
Panxea Alejandra Millán
Hugo Prego O outro día, un grupo de alumnos de 4º
Eso participamos nun obradoiro de
O día 19 de maio, Esteban, da cultura clásica na facultade de filoloxía.
Alí nos xuntamos con alumnos do IES
cooperativa galega Panxea veunos dar de Melide que nos aprenderon técnicas
de escritura antiga con táboas
unha charla sobre comercio xusto e sobre enceradas; con elas practicamos antes
de pasar a usar o stilus coa tinta. Alí
produtos ecolóxicos. Falounos das estivemos a escribir os nosos nomes,
adagios latinos, etc. De súpeto, saíron
desigualdades que hai ao repartir os do ascensor dous hoplitas que nos
levaron ao taller de moda grecolatina;
beneficios dun produto. Púxonos varios primeiro mostrábannos unha vasilla ou
un mosaico onde copiaban o modelito,
exemplos disto: O sector lácteo e as pedían unha voluntaria ou voluntario,
vestíannos e sacaban unha foto. Xa sin
cooperativas gandeiras en xeral escolta fomos ao taller de música, onde
escoitamos unha das poucas cancións
denuncian o feito de que os beneficios conservadas da Grecia antiga, o epitafio
de Seikilos.
son moi baixos, incluso moitas dan
perdas, ao contrario que as distribuidoras
e as grandes superficies. Outro exemplo é
o de os supermercados valencianos
Mercadona, que venden laranxas de
China (pagando soldos moi baixos non
só alí senón aquí).
Tamén nos falou dos produtos
ecolóxicos de cooperativas galegas;
observamos que algúns produtos
ecolóxicos son máis caros, polo que
moita xente bótase atrás e non os merca;
hai que dicir que son mais sans,
polo que a longo
prazo compensan.
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Orlas páxina 21
Orlas 2º BAC
páxina 22 Orlas dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
dePÉaPA 1 9 MAIO 2016 Orlas páxina 23
páxina 24 dePÉaPA 1 9 MAIO 2016
IES Pontepedriña
Av. Amor Ruibal, 28
15702 Santiago de Compostela
ESO: sección bilingüe con educación en inglés, castelán e galego.
Bacharelatos
Ciclo Formativo de Grao Medio:
-Comercio
Ciclos Formativos de Grao Superior:
-Comercio Internacional
-Xestión comercial en márketing
-Xestión de ventas e espazos comerciais