Aproveitando a ubicación da parcela no arsenal de Venecia xérase unha nave seguindo as tipoloxías do lugar sobre a rampa xa existente no mesmo. Adaptándose ao entorno pero cunha materialidade moito mais liviana, a cal será o lugar de descanso da xirafa e dará refuxio a un pequeno volume colocado sobre a rampa o cal será a vivenda para a poetisa. O acceso á vivenda faise como non podía ser de outra maneira na zona, a través de barco. Xa dentro da parcela unhas escaleiras de formigón darán acceso á gran nave. Unha vez dentro do volume a materialidade cambia por completo, e esas escaleiras desmaterialízanse volvéndose unha liviana pasarela metálica que te levará ata a entrada da vivenda, xerando un pequeno percorrido entre as copas dos árbores que enchen a nave, sempre á unha altura que permite a relación directa entre xirafa e persoas. O volume da vivenda vaise estructurando organicamente entorno a un patio interior, mediante o cal ventilarán todos os espazos anexos. Estes concíbense como un contínuo, serparando as distintas estancias soamente con cambios de altura, o que permitirá que a vivenda se adapte totalmente á pendente da rampa existente, mantendo en todo momento a conexión co espazo exterior e coa xirafa. Esta vivenda plantéxase como un posible escenario ambulante para a música, polo cal a metade sur do volume se pode desacoplar do resto da casa e deslizalo pola rampa ata unha base fl otante que o acollería ao fi nal desta. Vivenda experimental para unha música e a súa xirafa. ARMONÍA
COMUNIDADE Vivendas no cuartel de Atocha en A Coruña. Este proxecto plantexa un cambio de uso do cuartel de Atocha para un uso residencial. Para iso o primeiro paso é a humanización do entorno mediante a eliminación dos límites existentes e a apertura da planta baixa con equipamentos públicos para incorporar desta maneira o edifi cio ás dinámicas urbanas. Xa nas plantas altas do cuartel onde se plantexan as vivendas tómanse os muros de cara existente como liñas principais da proposta entre as que se abrirán patios interiores, os cales romperán o edifi cio interiormente e serán os focos en torno aos que se articularán todas as vivendas, fomentando así a relación entre os veciños e a vida en comunidade.